Pontevedra acolle o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

Celebrarase entre os días 14 e 16 deste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Concello de Pontevedra e a Central Folque organizan a vindeira fin de semana a quinta edición do DUF, o Encontro Internacional de Pandeiros de Mao. Como principal novidade desta xeira, o evento ábrese ao público e centra as súas actividades na Praza da Ferraría da capital do Lérez. O eixe da edición será a orixe destes instrumentos na cultura árabe. Obradoiros de construción de pandeiros, mostras de artesáns, un serán urbano e concertos a cargo de Leilía, o iraní Barbos e o exipcio Mohammed el Sayed son algunhas das propostas que compoñen o programa.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leilía, Concello de Pontevedra, Lérez