O Concello de Monforte de Lemos ven de ditar vÃa decreto a suspensión da XXIII Feira do Libro prevista na localidade nos dÃas 26 a 29 de agosto. A decisión tomouse ante o gromo de COVID-19 detectado na área municipal. Esta é a primeira Feira do Libro que se ve afectada con cancelación durante este perÃodo marcado pola crise sanitaria do coronavirus, xa que nin as restricións aplicadas pola Xunta e o Concello na área da Coruña fixeron alterar a celebración da Feira do Libro na cidade herculina, sendo ademais a Feira do Libro de Santiago a pioneira de todo o Estado en volver ao funcionamento tras do confinamento. Co lema de presentación "Non contaxian pero enganchan", as feiras do libro galegas organizadas ñpola Federeación Galega de LibrarÃas puxéronse en marcha cuns protocolos e máximos niveles de seguridade que facÃan desta actividade unha das máis seguras, afectando á súa configuración habitual e sistemas de acceso pero sen impedir o seu desenvolvemento nin a sinatura de libros por parte dos autores, todo iso coas medidas de distanciamento óptimas. Arestora segue a celebrarse a Feira do Libro na localidade mariñense de Foz ata o vindeiro dÃa 23 sen problemas. O consistorio monfortino suspendeu ademais outras actividades coma a feira de mercado gandeiro e as actividades do Campamento Deportivo de Verán,