Nace a Feira do disco e do libro galegos de Monterroso

Nigrán celebra este mes a súa segunda feira do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace a Feira do disco e do libro galegos de Monterroso

Continúan a aparecer novas citas para achegarlle a lectura ao público á marxe do calendario oficial das feiras do libro. Desta volta, Monterroso anuncia para o vindeiro 27 de marzo a celebración da primeira Feria do Libro e do Disco Galego. A asociación 25 xastres organiza este evento, que quere integrar a venta con concertos e actividades culturais. Entre outros, a organización conta con Ana Vila, Antonio Reigosa, Iglesias Turnes, Magin Blanco, Bruno Villamor e Zoelas. Pola súa banda, e logo da experiencia do pasado ano, Nigrán celebra o vindeiro 20 de xaneiro a súa segunda Feira do Libro. O evento, coordinado por Truequelandia, Casa Colorida e o Concello de Nigrán incluirá actividades como un un obradoiro de E-book e irá fechando o seu programa ao longo das vindeiras semanas.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterroso, Feira do Libro, Bruno Villamor, Antonio Reigosa...