Monterroso prepara a súa segunda Feira do Disco e libro galegos

Celebrarase este sábado 18 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A asociación cultural 25 xastres organiza por segundo ano consecutivo a Feira do Libro e o Disco de Monterroso, unha iniciativa que busca conectar o mundo da creación cultural en lingua galega co rural lugués. Desta volta, a Carpa do concello de Monterroso acollerá actividades infantís e xuvenís, como un obradoiro de iniciación á ilustración de Leandro Lamas, un concerto de Pablo Díaz ou presentacións a cargo de Xosé Vázquez Pintor ou Marcos López Concepción. Para adultos, haberá presentacións de libros a cargo de Antón Riveiro Coello, que presentará a súa nova novela A ferida do vento, ou Manuel Gago, que presentará a súa novela O anxo negro. Todo isto entre moitas outras actividades.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterroso, Antón Riveiro Coello, Pablo Díaz, Marcos López Concepción...