Un seminario aborda a historia como fonte de inspiración para a cultura

As xornadas servirán para homenaxear a Ramiro Fonte e a Anxo Rei Ballesteros

26/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
24 lecturas | Compartido 0 veces

A historia contada: novela histórica, memorias, historia da Arte, no cine…. é o título co que o Seminario de Historia de Culleredo pretende reflexionar como a historia inspiraron aos creadores nas diferentes facetas da arte. O encontro, que se desenvolve desde mañá e ata o sábado, conta coa presencia de escritores como Manuel Rivas, Antón Riveiro Coello e profesores como Xoán Manuel Monterroso, Aurora Marco ou Julián Ferrer. Esta edición do encontro servirá para homenaxear a Ramiro Fonte e lembrar a Anxo Rei Ballesteros, recenemente finados. Ademais, como actividades complementarias haberá un ciclo teatral que leva o nome Roberto Vidal Bolaño, máis unha exposición bibliográfica sobre novela histórica.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia, Ramiro Fonte, Ramiro Fonte, Antón Riveiro Coello...