A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros

Galaxia edita a súa primeira novela en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Pobra do Caramiñal acolle hoxe e os vindeiros 24 e 28 de outubro dúas actividades de reivindicación da memoria de Anxo Rei Ballesteros, o escritor nacido en Boqueixón e finado en 2008. Hoxe, ás 20.30 horas, o Auditorio da Pobra acolle a presentación da novela inédita Dezanove badaladas, a súa primeira incursión na escrita en galego, e editada por Galaxia. O 24 de outubro o Auditorio tamén acollerá unha conferencia de Manuel Castelao ao redor da obra literaria de Rei Ballesteros e o 28 de outubro inaugurarase unha rúa co seu nome, así como unha estatua realizada por Manuel Teira. As actividades están organizadas por Barbantia e o concello da Pobra do Caramiñal, quen tamén explicaron que solicitarán á Real Academia Galega que declare a Rei Ballesteros como homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Castelao, Castelao, Día das Letras Galegas, Concello da Pobra do Caramiñal...