As xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo analizarán o pasado do concello

Abordarán cuestións de música, megalitismo ou lingua os vindeiros 7 e 8 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo analizarán o pasado do concello

A sexta xeira das xornadas de divulgación histórica e patrimonial A Pobra do Caramiñal no Tempo celebran os vindeiros 7 e 8 de outubro a súa sexta edición. O encontro reunirá especialistas en campos como a arqueoloxía, a musicoloxía, a lingua e a antropoloxía para analizar diferentes aspectos da evolución do concello.

O teatro cine Elma acollerá o sábado 7 os simposios, que se poderán seguir tamén pola canle de Youtube do Concello. A conferencia da arqueóloga Patricia Mañana-Borrazás a abordar O megalitismo na península do Barbanza e a ría da Arousa abrirá o encontro. Seguiráa o historiador e musicólogo Antonio Cancela Montes que analizará A importancia da Pobra do Caramiñal na vida e obra do músico Ricardo Fernández Carreira.

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, pola súa banda, achegará un relatorio sobre Unidade, variación, mudanza: a lingua no sur do Barbanza, mentres o antropólogo Rafael Quintía finalizará a sesión a falar sobre O mundo simbólico do mar na ría da Arousa. Os asistentes ao encontro recibirán de agasallo un póster exclusivo.
O día 8 as xornadas continúan cun percorrido pola parroquia do Xobre a conmemorar os 300 anos da construción da súa igrexa. A inscrición a esta actividade, gratuíta, está aberta ata o vindeiro 5 de outubro.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Caramiñal, Arqueoloxía, Antropoloxía, Rosario Álvarez...