Morre Anxo Rei Ballesteros, o escritor que publicou a primeira novela en galego da democracia

Un grupo de escritores ligado á tertulia viguesa Café Voltaire homenaxeouno hai dúas semanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Despois dunha longa enfermidade, onte finaba Anxo Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952). Con Dos anxos e dos mortos abriu en 1977 a prosa en galego da democracia, ademais de marcar un estilo próximo e directo moi influinte noutros escritores coetáneos. Rei Ballesteros tratou numerosos xéneros como o conto en A sombra dos teus soños (1998), ou o ensaio, en A outra memoria ( 1989) ou Tempo e vinganza(2003). Xunto con Carlos Fernández foi gañador do vixésimo primeiro Premio Ánxel Fole polo traballo de investigación titulado Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Codina. Anxo Rei será soterrado no cemiterio do Barqueiro o venres, 31 de outubro á unha da tarde.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Ensaio, Carlos Fernández

Claves

Protagonistas
Conceptos