Os galardóns da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Ramón Piñeiro de Ensaio abren a temporada de premios

Comeza o outono, chegan os premios

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega outorgou onte o Premio AELG ós dous tomos da “Obra poética completa” de Manuel María por considerala a mellor obra editada durante o ano 2001. O escritor recibirá o vindeiro venres a estilográfica chapada en ouro do premio no transcurso dunha cea que se celebrará en Compostela. Outro premiado estes días foi Anxo Rei Ballesteros, que gañou o premio Ramón Piñeiro de ensaio pola súa obra “Tempo e vinganza”. O premio está dotado con tres mil euros.

Máis información en O premio á “Obra poética completa” de Manuel María ; O premio Ramón Piñeiro en O Correo Galego;

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Escritores, Lingua galega, Ensaio...