As xornadas 'A Pobra do Caramiñal no tempo' reivindican o valor das historias locais

Celébranse mañá sábado e o domingo 11 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cartel da xornada

Cartel da xornada

Esta fin de semana celebrarase a quinta edición das xornadas 'A Pobra do Caramiñal no tempo'. Como é tradicional, inclúe unha sesión con conferencias o sábado pola tarde e unha visita guiada a espazos explicados nas conferencias o domingo pola mañá. Desta volta, as catro conferencias cubrirán un amplo arco temporal na historia da Pobra e da costa occidental galega. A arqueóloga Laura Blanco falará sobre as necrópoles tardoantigas e altomedievais da Pobra do Caramiñal e do Barbanza. A profesora da USC Begoña Rodríguez deterase nun dos monumentos artísticos máis relevantes do concello: a renacentista Capela de Alba da igrexa de Santiago do Deán da Pobra do Caramiñal. Manuel Gago examinará os acontecementos da Guerra da Independencia nas rías galegas e o rol que xogaron vilas como a Pobra do Caramiñal neste conflito. E o profesor da USC Xoán Carmona Badía explicará o proceso de construción das primeiras centrais hidroeléctricas en Galicia, nas que na Pobra do Caramiñal hai exemplos de interese. O domingo a xornada completarase cunha visita guiada á capela de Alba e aos sartegos altomedievais do Pomar, para a cal as entradas xa están completas.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Pedras que saben gardar silencio

Pedras que saben gardar silencio

Remata a intervención arqueolóxica na Corte do Santo (A Pobra do Caramiñal) amosando un espazo complexo e esquivo na información

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Caramiñal, USC, Manuel Gago, Guerra...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos