Na metade do itinerario da exposición "Alba de gloria. Unha experiencia" a finais de 2018 e principios de 2019 na igrexa de San Domingos de Bonaval, os visitantes podÃan sentar na instalación chamada "A sala das palabras" (en realidade a capela de San Xacinto) e poder coñecer a arte da retórica na emigración e exilio galegos do século XX. A peza central era a escoita do que é considerada a mellor peza retórica escrita en lingua galega: o discurso "Alba de Gloria" de Castelao. O rianxeiro pronunciouno no Teatro Argentino de Bos Aires, o 25 de xullo de 1948, diante da comunidade galega da cidade, e provocou unha gran impresión. Foi o seu último gran discurso. Xa que non se conserva ningunha gravación orixinal do discurso, o CCG decidiu recrear o ambiente e o texto a través da voz do actor Alfonso Agra e a edición sonora de Pablo Barreiro.
A institución tamén permite, durante un tempo limitado (ata o 25 de agosto de 2020) a descarga da edición conmemorativa do discurso que se realizou co gallo da exhibición, e que ten un prólogo de Henrique Monteagudo.