Xunta, Deputación e Diócese de Ourense e mais Concello de Xinzo colaborarán para recuperar a Casa Reitoral de Santa MarÃa de Xinzo de Limia. O Consello da Xunta aprobaba este 9 de xullo asinar o convenio polo que se investirán de xeito conxunto 478.946 euros no proxecto para acondicionar este edificio e destinalo a novos usos. Segundo comunicou a Xunta, que achegará 150.000 euros do total, a proposta "centrarase na renovación integral da edificación principal, conservando o carácter tradicional da edificación ao tempo que se favorece a súa adecuación a novos usos". Traballos na cimentación, impermeabilización ou a "eliminación dos elementos arquitectónicos disonantes e a recuperación dos tradicionais" son algunhas as actuacións previstas nesta construción do século XVII.
No mesmo dÃa efectuouse a sinatura doutro convenio aprobado no Consello da Xunta da Semana Anterior. ConsellerÃa de Cultura e Concello de Salvaterra acordaron investir 300.000 euros na recuperación da Casa do Pobo para o destinar a nova escola de música da localidade. O edificio, orixinal de 1925 acolleu a Sociedade Unión Progresista do Distrito antes de ser Casa do Pobo. A actuación prevé a súa rehabilitación integral e adaptación ao novo uso, xa que na actualidade corre risco de derrubamento polo seu estado ruinoso.