O Consello da Xunta deste 17 de xuño aprobaba o convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia, a ConsellerÃa de Cultura e o Concello de Bande polo que o Goberno Galego achegará 422.825,24 euros á rehabilitación da reitoral de Santa Comba, neste último concello. Estes fondos sumaranse a outros 20.000 euros achegados polo concello para facer o edificio, agora en desuso "un polo de atracción e dinamización turÃstica para o territorio", cun prazo de actuación de dous anos.
As obras procurarán a "conservación funcional do edificio, mellorando as súas instalacións segundo principios de accesibilidade e sustentabilidade". Ao tempo, "promoverase unha rehabilitación funcional que permita que o concello de Bande conte cunhas instalacións para diferentes usos compatibles cos seus valores culturais, orientados a converter a reitoral nun polo de atracción turÃstica que promova o coñecemento do patrimonio artÃstico e cultural de Bande, o incremento do fluxo de visitantes e a posta en valor dos recursos a través dun turismo cultural". Segundo adianta a Xunta, a construicón "poderá acoller actuacións expositivas que transmitan a importancia histórica, cultural e arquitectónica tanto da igrexa visigótica de Santa Comba como da súa contorna".