As Torres Hedjuk acollen unha instalación sobre a transformación do monte

Pódese visitar ata o 25 de outubro na Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Cidade da Cultura

Foto: Cidade da Cultura

A arquitecta Cristina García Fontán é a responsable da instalación "Paisaxes incultas | Metamorfose do monte galego" que se pode visitar nas Torres Hedjuk da Cidade da Cultura. Cada unha das torres acolle unha instalación distinta que permite comprobar as transformacións do monte galego derivadas do cambio da sociedade tradicional. Na torre opaca pódese visitar "un monte típico galego coa súa vexetación e solo característicos: musgo, liques, matogueira, breixo, toxo e herba. Un espazo pensado para escoitar, grazas a relatos que ateigan esta instalación de seres fantásticos e historias incribles ás que só o noso monte lle puido dar vida". Na torre de cristal, pola contra, "recréase un solo con mimosas, eucaliptos e outras adventicias que medran de forma frondosa, dificultándonos o acceso e a visión". Con esta instalación, García Fontán pretende advertir das transformacións provocadas polo home e as súas consecuencias no territorio.

Vídeo de presentación:

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Medios de comunicación, Cidade da Cultura de Galicia