O Carballo Interplay voltará cunha edición híbrida en novembro

A VII xeira do Festival de Contidos Dixitais celebrarase entre os días 18 e 21

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Carballo Interplay voltará cunha edición híbrida en novembro

Logo de ter que adiar a súa celebración por mor da crise sanitaria o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay anuncia para o vindeiro mes de novembro a súa sétima edición. Será entre os día 18 e 21 cando se desenvolva a nova xeira, nun formato híbrido que priorizará os contidos virtuais pero sen desbotar, de ser posible, algunha actividade presencial. Co programa aínda sen fechar, a organización advirte que a prioridade no evento será evitar "calquera risco de contaxio" e fai un chamamento á "responsabilidade colectiva". O CIP tiña programada para o pasado mes de abril a súa edición 2020.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Interplay

Claves

Entidades
Lugares