
O foco desta edición estará posto na evolución e cambios das redes na última década, centrándose nos proxectos que "empregan a rede como unha ferramenta para mellorar o mundo" e sobre todo aquelas propostas que apoian a cultura e o activismo e fomentan conversacións sobre a saúde mental, a igualdade en todos os ámbitos e a xustiza social. Na Sección Oficial participarán 16 das consideradas mellores series web do mundo, mentres que o programa profesional reúne a produtoras, xornalistas, medios e creadoras de contidos de relevancia a nivel estatal. Deste xeito pasarán por Carballo creadores de podcasts, guionistas, artistas dixitais, comunicadores e xornalistas especializados. Na Zona PRO do CIP analizaranse os novos xeitos de contar e habitar a rede que naceron nestes últimos anos: dende un medio de comunicación creado pola xeración Z e dirixido á xeración Z integramente en galego; unha rede social privada baseada nos coidados e exclusiva para mulleres, persoas trans e NB que conta cunha lista de agarda de máis de 1.500 persoas; ata o aditivo ensaio dunha newsletter centrada na cultura pop que marca cada quincena tendencia na conversa dixital. Tamén porase sobrea a mesa o xeito en que os medios de comunicación públicos foron cambiando co avance das redes sociais e os cambios na comunicación dixital, contando con representantes de RTVE e CRTVG. Ademais, esta edición acollerá o primeiro obradoiro de creación de memes da historia do festival. Reflexionarase sobre as posibilidades comunicativas e a capacidade de xerar unha linguaxe propia que teñen os memes. Repasaranse os usos que se fixeron á hora de xerar comunidades e transmitir mensaxes de xeito propagandÃstico, cifrado e humorÃstico. Este obradoiro correrá a cargo de Proyecto Una, unha comunidade millennial que ten como misión poñer en valor as alianzas feministas forxadas ao calor dos pÃxeles. As creacións pasarán a formar parte do banco de memes oficial Carballo Interplay.