
No campo das estreas, evento acollerá a presentación da longametraxe Fogueo de David Sainz e Teresa Segura, e mais da webserie Peter Brandon, coa que Porco Bravú gañaron o premio ao mellor proxecto de webserie en galego na última xeira do evento. Un pitching de proxectos e webseries en galego, un repaso pola traxectoria da compañÃa Chévere da man dos seus membros, obradoiros de robótica e stop motion ou un panel sobre A televisión nos tempos do Twitter son outras propostas que fan parte do programa. O festival celebrarase entre o 4 e o 6 de maio vindeiros, e está aberto o prazo de inscrición para webseries en galego e mais para os obradoiros da sección FormaCIP.