O Silfest Valdeorras apraza a súa edición 2020

A organización traballa para celebrar o evento en novas datas este mesmo ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Silfest Valdeorras apraza a súa edición 2020

Este 23 de xullo non marcará, como estaba previsto, o comezo da edición 2020 do Silfest de Valdeorras. A organización do evento decidiu aprazar a realización desta xeira a sinalar "a falta dunha normativa específica sobre a realización de festivais así como de medidas de seguridade concretas para ditos eventos". No entanto, aseguran estar a traballar para reacomodar o festival en novas datas durante este mesmo ano, "sempre que sexa posible garantir a seguridade e cumprir coas normas esixidas polas autoridades". Segundo adiantan, as entradas adquiridas serán válidas para as novas datas e en breve se anunciará o mecanismo de devolución para quen as queira devolver. Polo momento non se fixera público o cartel da nova edición deste festival que se celebra ao longo de tres días na praia fluvial do río Sil no Barco de Valdeorras.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Barco de Valdeorras