Tres dos principais festivais musicais do paÃs, o Son do Camiño (Santiago de Compostela), Resurrection Fest (Viveiro) e Portamérica (Caldas de Reis) acordan aprazar as súas convocatorias para o ano 2021 e ofrecen novas datas. No caso do Son do Camiño, celebrarase os dÃas 17, 18 y 19 de xuño no Monte do Gozo de Compostela. Para o Resurrection Fest, a organización fixa as datas entre o 30 de xuño e o 3 de xullo. E Portamérica celebrarase en Caldas de Reis o 1, 2 e 3 de xullo. En todos os casos, as entradas xa adquiridas serán plenamente válidas para a edición do ano que vén, pero a organización ofrece a posibilidade de reembolso para quen o desexe; no caso do Resurrection, os organizadores fan un chamamento a apoiar o festival preservando as entradas xa adquiridas e ofrecendo contidos e eventos exclusivos (como concertos) para aqueles que a manteñan. En canto os carteis, o Resurrection Fest afirma que "o cartel será practicamente o mesmo incluÃdos os cabezas de cartel", aÃnda que avisan de novas incorporacións. Portamérica sinala que "estivemos traballando intensamente para poder manter o actual cartel en 2021, tanto musical como gastronómico, e xa temos confirmación de case a totalidade de artistas programados para este ano". Un chisco máis aberto deixa o futuro O Son do Camiño. Os organizadores indican no seu comunicado que "traballamos na reprogramación do cartel de 2020 para garantir que os principales atractivos estean presentes na edición de 2021. Podemos avanzar que tamén haberá moitas novidades e novas confirmacións".
No seu comunicado, o Resurrection dirÃxise os seus clientes de maneira moi directa, sinalando as dificultades económicas do aprazamento. "Non hai seguro que cubra unha epidemia como esta. Non se esperou para cobrar algún seguro como algúns entendestes por outros comunicados. Era precisa a forza maior para crebar contratos e poder aprazar todo para que non houbera problemas legais para 2021", e engaden que o festival asumirá todas as perdas económicas e os investimentos realizados. Dáse a particularidade que é a mesma empresa, Old Navy Port Producciones, quen organiza os dous eventos, se ben en O Son de Camiño nunha UTE con Esmerarte. Esmerarte é tamén a empresa produtora do Portamérica.
Por outra banda, o festival Sinsal, previsto para o 24 ao 26 de xullo na illa de San Simón, tampouco se celebrará. Pero nesas mesmas datas desenvolverase o proxecto Sinsal Litoral, do que a organización irá fornecendo máis información.