Tras dos máis recentes anuncios compre actualizar a información que manexamos sobre os festivais musicais para o verán. Unha das meirandes citas deste tipo, o Festival O Son de Camiño do Monte do Gozo ven de presentar o pasado venres o seu cartel completo para súa segunda edición, de xeito idéntico a como fixera o pasado ano e practicamente nas mesmas datas. Malia moitas especulacións sobre a composición artÃstica para este 2019 o resultado final sorprendeu, sobre todo na parte das apostas meirandes, decepción para algúns e sorpresa para outros. Tres eventos que serven tamén como ferramentas de coñecemento da cultura vinÃcola, patrimonial e gastronómica, como son o Festival Ribeiro Son do Viño e 17ºs Ribeira Sacra confirmaron datas e xa deron nomes para este ano. E o mesmo fixo o SilFest de Valdeorras para a súa vindeira convocatoria a primeiros de xullo. Para todos eles xa están á venda os abonos.
A estrela do rock en activo desde os anos 70, Iggy Pop, o dj de fama mundial David Guetta e a banda de dance-pop The Black Eyed Peas, que conseguiron algúns éxitos a principios de século, son quen coroará cada unha das tres xornadas do multitudinario O Son do Camiño. A representación galega no cartel deste ano en Santiago, idéntica en número de bandas á do 2018, estará encabezada por Iván Ferreiro e haberá representación do hip-hop, a electrónica, o pop e outras propostas de bandas e artistas do paÃs moi recoñecidos algúns deles entre os mellores do pasado ano por medios estatais especializados, como Marem Ladson, Baiuca, HARD GZ, Eme DJ, Igloo, Mordem, Familia Caamagno e Ortiga (Chicho, ex-Esteban & Manuel). Entre os máis de trinta nomes que actuarán entre o 13 e 15 de xuño tamén están os sudafricanos Die Antwoord, RosalÃa, Bastille, Bloc Party, Richard Ashcroft, Vetusta Morla o Dimitri Vegas & Like Mike, The Hives, W&W, Beret, Ayax y Prok, Graveyard, Royal Republic, Bad Gyal, Second, Varry Brava, ELYELLA, Shinova, Full, Kitai, Molina Molina, Alice Wonder e Cariño completan un cartel que para algúns non semella estar a altura do pasado ano na parte alta, mentres que para outros a maior aposta polo pop, dance e a electrónica en xeral conforman unha oferta máis festiva. Os abonos comezarán a venderse este mércores, 27 de febreiro.
Os festivais da maridaxe local
Outro "Son" moi diferente, ven de presentar tamén a súa proposta musical completa. O 6º Festival Ribeiro Son do Viño, impulsado desde a DOC Ribeiro e a celebrarse no Náutico de San Vicente (O Grove) o 13 de xullo ofrecerá, entre viños e catas, as actuacións de Eladio y Los Seres Queridos, Oh! Ayatola, Santi Araujo, Axolotes Mexicanos (Asturias), R.E.A.L. (Madrid) e Lois (Madrid). Pola súa banda unha das citas que más conseguiu soreprender nas súas dúas primeiras edicións o 17ºs Ribeira Sacra Festival que tamén aproveita para promover os caldos da zona, o seu patrimonio e gastronomÃa, ven de anunciar tres dos artistas que estarán este ano entre o 18 e o 21 de xullo nalgún dos seus diversos escenarios. Enric Montefusco, Kevin Johansen e a ourensá Maren Ladson conforman a trÃade de primeiras confirmacións do evento, cuxos abonos xa están á venda. Non moi lonxe de alÃ, en Valdeorras, comeza tomar forma tamén o SilFest, o evento que se celebra nas beiras do rÃo Sil. Entre o 4 e o 6 de xullo, tamén aproveita a ocasión para dar a coñecer, paisaxe, viños e gastronomÃa locais e agora xa ten catro nomes no cartel todos eles do circuÃto da música independente, dous deles galegos como son os caldenses Igloo e os vigueses Kings of the Beach. Ademais deles están os valencianos la Plata e os bercianos The Morgans. Este evento xa ten tamén os abonos dispoñibles.