As limitacións de actividade derivadas da crise sanitaria están a provocar reformas de adaptación no sector das salas de concertos. A dificultade para manter o modelo de negocio pre-covid resulta definitiva cando hai que limitar fortemente os accesos de público aos eventos. Ante esta situación estamos a ver como algúns destes espazos comezan a facer cambios ou experimentar novos xeitos de dar a súa oferta para non ter que pechar as portas. Ë o caso da Sala Karma, en Pontevedra, A Arca da Noe, en Vilar de Santos (Ourense) e O Náutico de San Vicente (O Grove). Cada un deles busca o xeito de sobrevivir como negocio e manter a actividade musical que os caracteriza e coa que dinamizan as súas zonas.
A Sala Karma é un emblema musical en Pontevedra polo que teñen pasado bandas e artistas de relevancia nacional e internacional. Único local privado de concertos da cidade e ademais dinamizador cultural con iniciativas como o festival Surfing The Lerez, entre outras. O seu propietario, Marcos Rivas, confirmou esta semana a intención de reconverter o local para a hostalaría diúrna, ante as dificultades que as actividades nocturnas tamén teñen en xeral polo de agora. O local pasará, segundo asegurou aos medios de comunicación, a funcionar coma cervexaría, aínda que poderá levar a cabo concertos de pequeno formato e sen pago de entrada, como un xeito de manter a actividade musical e o seu vencello co sector.
Na localidade ourensá de Vilar de Santos, o local A Arca da Noe tamén tivo que buscar un xeito propio, neste caso fusionando dúas das súas facetas: a cultural e a hostaleira. Ante a imposibilidade de ofrecer actos para máis de 20 persoas sentadas, o espazo decidiu xuntar nun mesmo tipo de eventos a gastronomía e a música e ofrecer ceas-concerto baixo reserva. O local xa facía antes as dúas cousas pero por separado e agora deste xeito poden atopar máis rendibilidade á restrición de público co consumo dos menús. A partires do 20 de xuño A Arca da Noe xa ten un programa de ata 12 ceas-concerto preparado para a súa clientela.
Outro espazo polo que teñen pasado artistas de enorme poder de convocatoria, o Náutico de San Vicente tiña xa pendente, tras o eu éxito multitudinario do pasado verán, levar a acabo un redimensionamento da súa oferta musica, que nalgúns casos non só enchía o local senón tamén o espazo da praia. O seu dono, Miguel de la Cierva, compartía estes días nas redes esa reflexión a súa decisión de pechar unha etapa que levou ao local a ter ata 64 concertos nun mes de verán e dar paso a unha etapa que se caracterice pola busca dunha atmosfera algo máis tranquila, baseada nos concertos con menos aforo, concertos sorpresa, bandas residentes , asegura Miguel de la Cierva. O local chegará a acordos para isto co Laboratorio N Estrella Galicia. As datas para o primeiro destes concerto aínda non se poden avanzar ata que se definan as condicións e restricións para poder funcionar con garantías de seguridade durante o verán.