Coa intención de contribuÃr á recuperación da actividade no sector cultural tras a crise da Covid-19, a Cidade da Cultura acaba de presentar a súa programación para o segundo semestre de 2020. Segundo explica o web desta entidade, reorientáronse os eventos previstos de xeito que "creadores, técnicos, traballadores e empresas galegos e galegas terán especial protagonismo na oferta prevista para os vindeiros seis meses, perÃodo no que se intensificarán os esforzos para dinamizar este sector".
A exposición Galicia, de Nós a nós, en outubro, e mais As miradas de Isaac, que conmemora o centenario de DÃaz Pardo supoñen as principais apostas do Gaiás para os vindeiros seis meses. En relación a esta última, o vindeiro mes de agosto "a Xunta presentará un amplo repositorio dixital de información" sobre o recoñecido galeguista.
As intervencións artÃsticas nas Torres Hejduk e mais no Bosque de Galicia canda ao Encontro de Artistas Novos manteñen a presenza das artes plásticas no recinto, mentres o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura celebrará tamén unha nova edición.
A nivel musical retomaranse os ciclos Atardecer no Gaiás e Magosto no Gaiás. A estes súmase o anunciado ciclo de concertos Galicia Emerxe, e mais unha actuación de "tres artistas e bandas galegas de diferentes estilos" para celebrar o DÃa da Música o 21 de xuño. Desaparece, no entanto, o encontro Serán, dedicado á música popular e tradicional e que celebrou no mes de xuño as súas dúas únicas edicións.
Como novidade, e no marco da programación infantil, incorpórase ao programa deste 2020 "un proxecto co prestixioso mago Pedro Volta que creará a súa propia escola de maxia" nas instalacións.