O encontro musical No bico un cantar que se ven celebrando cada primeiro venres de xuño dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia levouse a cabo nesta ocasión dun xeito diferente e adaptado ás circunstancias. Esta iniciativa do Consello da Cultura Galega, da ConsellerÃa de Cultura e Turismo e da ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesÃa galega a escolares de toda Galicia tiña previsto convocar en Allariz aos cativos para festexar musicalmente o aniversario da Xeración Nós. Ante a imposibilidade de levar a diante a acción proxectada convidouse ao alumnado de cinco conservatorios profesionais galegos e ao grupo de metais Hercules Brass a interpretar xuntos dende a casa a peza Maio longo, o poema de RosalÃa de Castro musicado por José Baldomir, con arranxos de Juan Durán , co que cada ano se pon a coda aos concertos de No bico un cantar . Un cento de nenas e nenos, animados pola dirección dos centros e polo profesorado, unÃronse neste caso e creouse a peza de vÃdeo que xa se está difundir nas redes. As nenas e nenos que participan nesta actividade dende a casa pertencen ao Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, Conservatorio Profesional de Música de Ourense e ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.