Compostela acolle o concerto infantil dedicado a Rosalía

No bico un cantar está organizado polo Consello da Cultura e mais a Consellaría

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía é o título da actividade que organizan para esta tarde o Consello da Cultura e mais a Consellaría de Cultura. A iniciativa consiste nun concerto no que 400 nenos e nenas de 8 a 12 anos pertencentes ao alumnado de centros de ensino musical interpretarán Maio longo, Rosa de abril, En Cornes e Negra sombra, acompañados polo grupo de metais Hércules Brass e baixo a dirección de Maximino Zumalave. Aínda que a actividade estaba prevista para se realizar na Praza da Quintana, finalmente será a igrexa de San Domingos de Bonaval a que acolla o evento a partir da 17:30 horas de hoxe.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Rianxo acollerá o IX No bico un cantar

Rianxo acollerá o IX No bico un cantar

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Castelao na nova xeira deste concerto, que reunirá 500 voces de diferentes conservatorios e centros de ensino musical

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maximino Zumalave, Ensino, Praza da Quintana, San Domingos de Bonaval...