Catrocentos nenos e nenas cantarán a Rosalía o vindeiro 7 de xuño

O Consello da Cultura e mais a Consellaría organizan o evento

18/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dentro das actividades para celebrar os 150 anos de Cantares Gallegos o Consello da Cultura Galega e mais a Consellaría de Cultura presentaban esta mañá a actividade No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía. O proxecto reunirá 400 nenos e nenas na praza da Quintana o vindeiro 7 de xuño para cantar en coro catro poemas musicados de Rosalía de Castro. Maio Longo,Rosa de abril, En Cornes e Negra Sombra serán os temas que soarán, e os interesados en participar teñen dispoñibles as partituras no web do Consello da Cultura. Para o proxecto contarase co alumnado de conservatorios, escolas de música e coros infantís de toda Galicia.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

21/05/2025

Rianxo acollerá o IX No bico un cantar

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Castelao na nova xeira deste concerto, que reunirá 500 voces de diferentes conservatorios e centros de ensino musical

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Poemas, Escolas, Cantares Gallegos...