O Consello da Cultura homenaxea a Curros en No bico un cantar

O concerto reúne 400 nenos e nenas de todo o país este venres en Celanova

2/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O venres seis de xuño, o claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova acolle o concerto No bico un cantar. O Consello da Cultura e a Consellería de Cultura, en colaboración do Concello de Celanova e de Vegalsa-Eroski organizan esta actividade que busca achegar os máis novos ás nosas música e letras. Curros Enríquez toma o relevo de Rosalía de Castro na segunda edición desta iniciativa, que conta coa colaboración de 400 nenos e nenas de todo o país que participarán da interpretación de varios temas de compositores galegos.

O quinteto Hércules Brass acompañará a actuación de cativos e catigas, que estarán dirixidos por Maximino Zumalave. A Rosalía de Xosé baldomir, Unha noite na eira do trigo de Xoán montes, Os teus ollos de Xosé Castro Chané e Nouturnio de Xabier Comesanha son as catro pezas que se poderán escoitar no recital.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Rosalía de Castro, Barroco, Consellería de Cultura...