A raia énchese coa voz dos nenos en No bico un cantar

O concerto será hoxe venres ás 17.30 da praza da catedral de Tui

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A raia énchese coa voz dos nenos en No bico un cantar

Nenos e nenas de toda Galicia participan hoxe na nova edición de 'No bico un cantar', o programa promovido polo Consello da Cultura Galega terá lugar hoxe, venres, ás 17.30 na praza de San Fernando (a praza da catedral) en Tui. Os rapaces, procedentes de distintos conservatorios galegos e portugueses, interpretarán un programa con temas de José Torres Creo, Reveriano Soutullo, Alexis Rozas e José Baldomir. A actividade é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega, as consellerías de Cultura e Educación da Xunta ten como obxectivo "trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia".

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Rianxo acollerá o IX No bico un cantar

Rianxo acollerá o IX No bico un cantar

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Castelao na nova xeira deste concerto, que reunirá 500 voces de diferentes conservatorios e centros de ensino musical

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Tui, Consello da Cultura Galega, Educación...

Claves

Lugares