Un simposio repasa o estado da investigación musical en Galicia

Celebra a primeira edición no Conservatorio Profesional de Vigo entre os días 8 e 10

6/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O traballo de pescuda sobre música, en especial a que se realiza desde os conservatorios, é o eixe do I Simposio sobre investigación musical en Galicia. O Conservatorio Profesional de Música de Vigo acolle entre os días 8 e 10 deste mes o evento, no que se abordarán traballos sobre diferentes épocas e temas. Desde o traballo de Ricardo Courtier nas bandas de música ás indagacións en arquivos musicais como o do Mosterio de Valdeflores de Viveiro ou as preferencias sonoras do alumnado dos conservatorios, no evento abordaranse tamén cuestións de pedagoxía e interpretación.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Viveiro

Claves

Lugares