Explurart é unha plataforma que combina danza, artes escénicas e música, que mestura a artistas novos xunto con outros consagrados. E a expresión do seu traballo terá lugar do 11 ao 22 de marzo no Conservatorio Superior de Música de Vigo, desde onde pretende que se vaia trasladando por Centros Superiores de Artes de Galicia. O programa inclúe estreas: Opening do Grupo de danza do Conservatorio profesional de danza de Lugo ou a do comopsitor Juan Ávila co grupo "Rubik ensemble" de Madrid, que abren e pechan o programa. Alén dos concertos e espectáculos tamén hai oco par unha mesa redonda. Todas as actividades se desenvolven no auditorio Martín Códax Auditorio do Conservatorio de Vigo e a Sala de Mendiño.