Conservatorio profesional de danza de Lugo. Este é o nome que terá a futura escola pública oficial de danza de Galicia. A primeira que se abre en Galicia de carácter público e que compartirá instalacións co conservatorio profesional de música e a escola de idiomas lucense. O acordo, feito público onte no Consello da Xunta, cumple unha promesa do goberno feita na década pasada.
Titulación oficial
Todos os galegos que desexen cursar estudios de danza terán, en breve, en Lugo un espacio público para facelo. O conservatorio profesional de danza impartirá estudios correspondentes ás titulacións dos ciclos elementais e medios validadas poloa Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria. De momento, non se contempla a posibilidade de seguir cos ciclos posteriores, pero esta competencia queda en mans da ConsellerÃa de Educación.
Situación do ensino da danza en Galicia
Ata o de agora a oferta para cursar estudios de danza en Galicia era moi limitada. CircunscribÃase a Vigo, a dous centros que tiñan carácter privado. Coa creación deste conservatorio profesional de danza, aparece o primeiro centro desta disciplina con carácter público. No Consello de Goberno realizado onte, Manuel Fraga afirmou que con esta medida a Xunta pretende "dar resposta á necesidade de implantar progresivamente estas ensinanzas especializadas nas mellores condicións posibles de calidade".