BalletNorte presenta unha adaptación de Don Quixote

Pazo da Ópera da Coruña acolle esta montaxe na que participan estudantes de danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, da Deputación da Coruña, da Escola Municipal de Danza de Oleiros, da escola de danza de Arteixo e da escola coruñesa Druída participan na nova montaxe de Don Quixote de BalletNorte. Para alén de funcións escolares, o público poderá asistir mañá venres e o sábado día nove no Pazo da Ópera da Coruña ás representacións desta adaptación da obra de Marius Petipa con música de Ludwig Minkus. O proxecto contou coa colaboración do Centro Coreográfico Galego na adaptación, no atrezzo e no vestiario entre outros campos. A música irá a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Quixote, Ópera, Pazo da Ópera da Coruña...