O Proxecto Orquestral Cangas presenta o seu segundo disco in Crescendo

A formación intégrana alumnos do Conservatorio Profesional e a escola Municipal de Música de Cangas

20/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un ano despois de ter sacado o seu primeiro traballo discográfico o Proxecto Orquestral Cangas ven de editar unha nova gravación de carácter cada vez máis profesional. In Crescendo é o gráfico título do novo disco da formación conformada por máis de corenta músicos saídos do Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Cangas baixo dirección de Alberto González Avilés. No disco, gravado en maio deste ano no Auditorio Municipal polo Servizo de Produción da Radio Galega, a orquestra ofrece seis temas compostos ou arranxados por Alberto González Avilés nos que, como no anterior traballo, hai presenza da música clásica e da música cinematográfica. Mil duascentas copias deste disco editado polo Concello de Cangas repartiranse entre conservatorios e escolas de música de toda Galicia e España, así como a varias localidades de Portugal.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Escolas, Concello de Cangas, Radio Galega...