Cunha gravación realizada aos poucos dÃas da súa estrea o Proxecto orquestral saca un CD homónimo coas nove pezas interpretadas por esta xovencÃsima formación. Corenta e dous músicos saÃdos do Conservatorio profesional e a Escola de Música de Cangas conforman esta orquestra nacida no ano 2006 co obxectivo de facer música de forma lúdica e non lucrativa, pero sen as ataduras académicas. Tras varios meses de ensaio fixeron a súa “posta de longo” o pasado maio en Cangas e posteriormente en Pontevedra os dÃas 15 e 22 respectivamente. Foi o 24 de maio no Auditorio Municipal da capital do Morrazo cando se efectuou esta gravación co apoio técnico da Radio Galega. O repertorio, o mesmo que o dos concertos, abrangue a música clásica, a música cinematográfica, e a música orixinal, coa peculiaridade de que todos os temas foron orixinalmente compostos ou arranxados para a ocasión por Alberto González Avilés. Astor Piazzola, Grieg, ou Pietro Mascagni xúntanse asà con pezas das BSO de Harry Potter, Piratas del caribe ou Sabrina, co nexo común dos arranxos do director da orquestra Alberto González Avilés.