O Consello da Cultura Galega recupera o evento musical No bico un cantar, coa que a entidade busca "trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega" aos alumnos e alumnas dos conservatorios e escolas de música de Galicia. A celebración desta actividade anual ficara parada polas complicacións da pandemia, pero desta volta celebrarase o venres, 31 de maio, ás 18 horas, no auditorio Rubén García de Ribadavia (no castelo). Nel participarán alumnos e alumnas dos conservatorios e escolas de música de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave e co acompañamento da formación de Hércules Brass. Desta volta, No bico un cantar está dedicado á Xeración Nós no seu centenario, recuperando o atraso provocado pola pandemia. Desta volta, interpretaranse pezas de Álvaro de las Casas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, acompañadas do xa tradicional Maio Longo de Rosalía de Castro. Os compositores de todo o espectáculo serán Antón García Abril, Antonio Iglesias, Cristóbal Halffter, José Baldomir Rodríguez, Aarón Siebert-Castiñeira e Juan Durán. Precisamente Aarón Siebert é o autor dunha peza encargada polo CCG para a ocasión, sobre o poema Vos nova de Otero Pedrayo.