Os festivais que optan ás subvencións da Deputación da Coruña terán facilidades para se adaptar ás novas condicións impostas pola crise da Covid-19. A entidade provincial facía público este 3 de xuño a apertura un prazo de 15 días para reformular os proxectos que se presentaron a estas liñas, dotadas con un millón de euros. "A área de Cultura da Deputación da Coruña quere facilitar a concellos e entidades a posibilidade de axustar os seus festivais ás novas condicións sociosanitarias con novos formatos, aforos ou soportes abrindo un novo prazo para presentar unha nova memoria do proxecto e un novo orzamento".
"Neste tempo tan difícil coa cancelación absoluta dos espectáculos ao vivo, queremos poñer todas as facilidades para que se podan desenvolver coas debidas precaucións mais contando con non prexudicar máis aínda ás persoas e pequenas empresas que viven da cultura ao vivo", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
Aquelas entidades e concellos que consideren imposible a celebración do evento "pola súa natureza ou as datas en que estaba previsto" poderán desistir. Na convocatoria de axudas prevista para 2021 "non se terá en conta a edición de 2020 para os efectos de valoración, por ser a deste ano en curso unha edición condicionada de xeito moi relevante pola crise polo coronavirus".