O Gaiás reivindicará o legado da xeración Nós cunha nova exposición en outubro

É a segunda das grandes mostras do Xacobeo 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:

Despois de "Galicia, un relato no mundo" chegará en outubro ao Museo Gaiás da Cidade da Cultura a segunda das grandes mostras programadas para celebrar o Xacobeo 2021. Trátase de "Galicia, de Nós a nós", e estará centrada no centenario da publicación da emblemática revista Nós e o legado do grupo de intelectuais que marcaron a cultura galega do século XX. A mostra estará comisariada polos profesores Afonso Vázquez Monxardín e Ana Acuña. Tras a mostra de Compostela, a exposición itinerará a Ourense con todos os seus contidos en febreiro de 2021. Segundo a Xunta, "o proxecto reivindicará a vixencia dos principios defendidos pola xeración Nós, como a dimensión universal da cultura galega, a necesidade de ter unha voz propia no mundo e o carácter aberto e integrador de Galicia".

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeración Nós, Xacobeo, Afonso Vázquez Monxardín, Museo Gaiás...