O Museo Gaiás da Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación da exposición "Galicia, un relato no mundo", que se inaugurará no centro o 8 de novembro de 2019 e que segundo o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, "será a primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo 2021". A mostra, comisariada polo xornalista Manuel Gago, explora a relación de Galicia co mundo desde a prehistoria ata os nosos dÃas, nun relato que ocupará dúas plantas do museo e que incluirá 300 pezas procedentes de museos e coleccións privadas de diferentes continentes. Entre as pezas que se avanzaron nesta prestación, está o Libro das Invasións, a primeira versión do relato medieval irlandés, contida no Libro de Leinster, na que se describe a historia de Breogán, o faro, e a conquista de Irlanda. Será a primeira vez que o libro saia de Irlanda. Ou o manuscrito da aristócrata galaicorromana Exeria, que emprendeu no século IV unha viaxe a Terra Santa e que é unha referencia e que é considerada a primeira escritora coñecida da PenÃnsula Ibérica. O comisario tamén destacou o préstamo do Mapa de Sawley, procedente da Universidade de Cambridge, un mapamundi do século XI-XII, contemporáneo do Pórtico da Gloria, que outorga unha gran presenza a Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela. A mostra inaugurarase o 8 de novembro de 2019 e conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.