O 'Liber Sancti Iacobi' e o 'Cancioneiro da Vaticana' exporanse conxuntamente por vez primeira en Galicia

Xunta e Vaticano asinaron un acordo para que as pezas formen parte da exposición 'Galicia, un relato no mundo'

12/6/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaPatrimonioXacobeoPolíticas Culturais
33 lecturas | Compartido 0 veces

Liber Sancti Iacobi Fonte: Biblioteca Apostolica Vaticana

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, pechou hoxe un acordo en Roma coa Biblioteca Apostólica Vaticana para exhibir de maneira conxunta por primeira vez en Galicia dúas pezas de alto valor simbólico para a cultura galega: o Liber Sancti Iacobi, un dos tres únicos "códices calixtinos" iluminados, ademais do orixinal de Santiago, que se conservan no mundo, e o Cancioneiro da Vaticana, peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa. As obras formarán parte de Galicia, un relato no mundo, a primeira gran mostra internacional da programación do Xacobeo 21, que se inaugurará o próximo novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados