O mítico Libro das Invasións chega a Galicia

O Trinity College entregouno hoxe á mañá no Gaiás para a exposición "Galicia, un relato no mundo"

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Detalle do Libro das Invasións coa mención a Brigantia. Foto: Óscar Corral / Cidade da Cultura

Detalle do Libro das Invasións coa mención a Brigantia. Foto: Óscar Corral / Cidade da Cultura

Hoxe pola mañá os técnicos do Trinity College de Dublín colocaron na sala do Museo Gaiás o Libro das Invasións, o mítico texto irlandés no que se narra a conquista de Irlanda polos milesios, procedentes da cidade de Brigantia, asociada con Coruña. Será a primeira vez que o texto, parte do valioso Libro de Leinster, do século XII, saia de Irlanda. Esta historia foi recuperada polo historiador Manuel Murguía durante o Rexurdimento para construír o mito galego de Breogán, que acabará presente no noso himno. O Libro das Invasións é unha das pezas centrais da exposición "Galicia, un relato no mundo", que se inaugurará o 14 de novembro no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, e que é a primeira das grandes exposicións organizadas pola Consellería de Cultura para o Xacobeo 21.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Gaiás, Irlanda, Manuel Murguía, Breogán...