A exposición "Galicia, un relato no mundo" pecha cunha "cifra record" de visitantes para o Museo Gaiás

A Cidade da Cultura subiu á rede o catálogo e unha extensa visita virtual á mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:
Unha vista da visita virtual á exposición "Galicia, un relato no mundo"

Unha vista da visita virtual á exposición "Galicia, un relato no mundo"

A exposición "Galicia, un relato no mundo" clausurouse o pasado domingo 12 de abril, aínda que o acceso ás pezas non foi posible no último mes polo estado de alarma decretado polo Goberno. Porén, a Cidade da Cultura comunicou hoxe que a exposición, durante os meses que estivo aberta, recibiu 43.053 visitantes, o que supón unha media diaria de 426 persoas e unha "cifra recordo no rexistro do Museo Centro Gaiás". Para conmemorar o peche da que foi a primeira gran exposición do Xacobeo 2021, o Museo Gaiás publicou hoxe a mañá unha visita virtual que permite percorrer toda a mostra, accedendo a numerosa información adicional multimedia. Ademais, a Cidade da Cultura dispoñibilizou o catálogo da exposición, con numerosos artigos de diferentes especialistas, para a súa lectura gratuíta en liña.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Gaiás, Xacobeo, Museo Centro Gaiás, Medios de comunicación...