A exposición As miradas de Isaac, aberta desde o 6 de novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e cuxo peche ao público -pola actual situación da covid-19- obrigou a suspender as visitas presenciais conta xa cunha visita virtual en liña. Ata este peche temporal, preto de 10.000 persoas achegáronse ao Gaiás a ver As miradas de Isaac. A aplicación presentada onte permitirá navegar desde o ordenador ou desde calquera dispositivo móbil polas dez seccións desta mostra e as súas máis de 500 pezas, coas que se pretende afondar na vida e na multitude de facianas e proxectos dunha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX.
Este percorrido virtual permite pararse devagar en calquera desas seccións, nas que se destacan con información máis polo miúdo as obras máis salientables, entre as que se atopan o cadro Os afogados, metáfora-homenaxe aos represaliados polo fascismo na Guerra Civil; a impactante figura de cerámica Saturno devorando aos seus fillos; ou a mesa e cadeiras antropofórmicas, que reflicten a aposta pola fusión entre modernidade e tradición polo que decantou o Laboratorio de formas impulsado por DÃaz Pardo e Luis Seoane e co que proxectaron a recuperación de Sargadelos. Ademais, na visita en liña tamén se accede a material audiovisual, entre o que destaca a videoinstalación dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia DÃaz Betz, neta de DÃaz Pardo, en colaboración co realizador Jordi Cussó. Realizada a partir de materiais de arquivo, esta videoinstalación propón un encontro con DÃaz Pardo, sendo el mesmo quen relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma radicalmente diferente de reivindicar e lembrar a súa figura, máis acorde coa súa propia visión vangardista. A visita virtual está dispoñible en tres idiomas (galego, castelán e inglés), no mesmo formato que a realizada para Galicia, un relato no mundo no confinamento de marzo de 2020.