A Cidade da Cultura acollerá unha mostra de pezas do Museo de Terra Santa

O Gaiás será a única parada estatal na itinerancia desta exposición a vindeira primavera

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Pezas da exposición Tesouros Reais. Fonte: Cidade da Cultura

Pezas da exposición Tesouros Reais. Fonte: Cidade da Cultura

Entre marzo e agosto 2024 o Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerá a exposición Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa. A Consellería de Cultura anunciaba este 12 de decembro o acordo polo que o centro do Gaiás será a única parada estatal destsa mostra itinerante, que comeza na Fundación Gulbenkian de Lisboa o seu percorrido por diferentes cidades de Europa e América.

Un acordo coa Gulbenkian e mais coa Custodia de Terra Santa de Xerusalén permitirá achegar ao noso país esta iniciativa, que o conselleiro Román Rodríguez cualificou como "un dos principais proxectos expositivos do Museo Centro Gaiás para 2024".

Segundo Rodríguez, a exposición amosa os materiais que conformarán o núcleo do futuro da colección histórica do Terra Sancta Museum de Xerusalén. A súa visita a Galicia, achegará "a oportunidade única de contemplar obras conservadas durante séculos pola Custodia Franciscana da Terra Santa de Xerusalén, doazóns realizadas ao longo de 500 anos polas monarquías máis poderosas de Europa, desde cálices, xoias, códices, baldaquinos, lámpadas... pezas únicas, de metais e pedras preciosas, elaboradas polos mellores ourives, artesáns e artistas da época".

Na súa visita a Galicia, este material complementarase con "pezas arqueolóxicas, pictóricas e outras obras senlleiras de institucións galegas como o Museo de Terra Santa do compostelán Convento de San Francisco e o Museo das Peregrinacións" canda a materiais achegados polo Museu Calouste-Gulbenkian, segundo adiantou a Consellería de Cultura.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Cando as xoias viaxaban polos reis

Cando as xoias viaxaban polos reis

A exposición Tesouros Reais amosa no Gaiás o conxunto de ofrendas das monarquías europeas ás basílicas de Israel e Palestina

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellería de Cultura, Lisboa, Santiago de Compostela, Europa e América...