Hoxe á mañá inaugurouse no Museo Gaiás a exposición "Galicia, de Nós a nós", que percorre o legado da xeración cultural máis significativa do século XX galego a través de máis de 300 pezas procedentes de 64 institucións culturais e coleccionistas privados. A exposición, comisariada por Ana Acuña e Alfonso Vázquez MonxardÃn, detense nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores, "procurando subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega". A exposición concede un lugar especial á propia revista Nós, da que se poden coñecer os seus números e ver algunhas das pezas arqueolóxicas e artÃsticas que foron estudadas nela, coma o Santiago de Morlaix, o Cristo de Santa Eufemia de AmbÃa, os esmaltes de Limoges da catedral de Ourense, o puñal de Beluso ou a estela de Florderrei Vello. Ademais, exhÃbese a Carta Xeográfica de Galicia elaborada por Domingo Fontán e que pertenceu a Ramón Otero Pedrayo, un documento excepcional para coñecer a toma de conciencia de Galicia desta xeración de autores. A exposición poderase visitar no Gaiás ata o 17 de xaneiro.