Os escritores rexeitan participar no Plan de Reactivación da Xunta

Denuncia as condicións de cesión de dereitos dos contidos que vai adquirir

3/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega remitiron un comunicado no que critican as medidas do plan de reactivación cultural presentado pola Xunta de Galicia. "Manifestamos o noso estupor ante un plan que expropia aos creadores dos seus dereitos persoais e patrimoniais sobre a súa obra, ao ser unha cesión de dereitos sen límite de tempo, espazo xeográfico, medio de explotación ou lingua", sinalan en referencia ás condicións establecidas na convocatoria de presentación de proxectos presentado o pasado 25 de maio pola Dirección Xeral de Política Lingüística. "Obriga aos creadores, nunha situación de fraxilidade económica, a aceptar condicións inaceptábeis no uso da súa lingua e na explotación da súa obra". A AELG tamén declarou a súa "preocupación" cos premios literarios. "A desaparición dalgúns certames e a diminución nas súas dotacións económicas poden ocasionar graves prexuízos". Tamén o 25 de maio sóubose que a Deputación da Coruña recurtaba drasticamente a dotación dos seus premios Torrente Ballester (en galego e castelán) de 25.000 euros a 6.500 para cada un dos traballos gañadores e en días anteriores que a Xunta retiraba o seu apoio ao concurso poético Eusebio Lorenzo Baleirón do concello de Dodro.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Política Lingüística, Dirección Xeral de Política Lingüística...