O Fiscal Superior reclama medidas de apoio ao galego

O BNG denunciará ante a UNESCO a vulneración de dereitos lingüísticos no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Cómpren medidas legais para situar o galego en pé de igualdade co castelán. Así o referiu este sábado o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, no acto anual da Irmandade Xurídica Galega. Varela sinalou a necesidade de empregar discriminación positiva coa nosa lingua para conseguir que non estea en inferioridade de condicións. Pola súa banda, o deputado nacionalista Bieito Lobeira anunciou o mesmo día que o BNG denunciará ante a Asemblea Xeral da UNESCO a vulneración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e mais dos dereitos lingüísticos dos galegos pola política da Xunta.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, UNESCO, Igualdade, Lingua galega

Claves

Entidades