A Real Academia Galega (RAG) presenta unha demanda ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos do Consello de Europa en relación co Decreto 79/2010 para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria. Nun comunidado, a RAG sinala que "asume con este novo paso a solicitude de nais e pais de menores en idade de escolarización de que siga adiante na defensa dos seus dereitos de igualdade e non discriminación por razón de lingua ante o Tribunal de Estrasburgo". Segundo a entidade "hoxe, despois de cinco anos de aplicación do decreto, comprobamos que a norma vulnera o dereito a ser iguais dos nosos fillos e fillas con independencia da lingua, lingua con estatuto de oficialidade", advirten as nais e os pais na instancia remitida á Real Academia Galega, na que a apoderan para que defenda no seu nome os dereitos dos menores ante o Tribunal de Estrasburgo.