A Mesa recibiu máis de 300 queixas na Liña do Galego

Case a metade das vulneracións de dereitos lingüísticos denunciadas corresponden á administración

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Mesa recibiu máis de 300 queixas na Liña do Galego

Un total de 303 queixas, 29 consultas e 58 parabéns foron recibidas polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa pola Normalización. A organización presentou onte o seu informa da Liña do Galego, a destacar que a maioría das queixas enviadas denuncian a "discriminación e exclusión do galego (30%), denunciando o incumprimento da lexislación vixente en materia de normalización lingüística". A estas reclamacións séguenas as de deturpación toponímica (22%), a non atención ou negación, tanto oral como escrita, en galego (18%), ou a ausencia da nosa lingua nas webs e servizos online.

Ás administracións correspondeulles un 46% das reclamacións presentadas, e entre estas, outro 46% estaban relacionadas coa administración autonómica. Das mesmas, un 12% foron sobre o Servizo Galego de Saúde e o resto sobre a propia Xunta. A administración local, pola súa banda, foi obxecto do 35% das queixas interpostas mentres a administración xeral do Estado obtivo un 20% do total. Nesta última, A Mesa destaca o feito de que a Axencia Tributaria que continúa sen ofrecer formularios en galego.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Lingua galega