A Mesa presenta a aplicación A Liña do Galego

Permite denunciar vulneracións de dereitos lingüísticos e parabenizar iniciativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Mesa presenta a aplicación A Liña do Galego

O servizo de asesoramento sobre dereitos lingüísticos A Liña do Galego, que A Mesa pola Normalización presta de 2007, conta cun novo recurso. A organización presentaba onte unha aplicación para dispositivos móbiles con Android e Ios. A mesma facilita que os usuarios presenten reclamacións cando sinten vulnerados os seus dereitos lingüísticos, soliciten asesoramento ou queiran parabenizar polo uso da nosa lingua algunha empresa ou iniciativa. Segundo explica A Mesa, "para o envío de queixas e parabéns só hai que cubrir un sinxelo formulario e adxuntar fotografía, arquivo ou documento. Aínda que a Mesa non admite denuncias anónimas, garante a confidencialidade e anonimato de todos os datos". Segundo lembrou o presidente da organización, Marcos Maceira, a través do servizo A Liña do Galego a organización tramitou máis de 200 expedientes, na súa maioría de queixas por vulneracións de dereitos.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Lingua galega

Claves