Os dereitos lingüísticos centran os XIX Encontros pola Normalización Lingüística

Comezan mañá xoves en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Protocolo para a garantía dos Dereitos Lingüísticos. Exemplo de empoderamento da sociedade civil é o título da conferencia coa que Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua, abrirá mañá, a partir das 16:00 horas, os XIX Encontros para a Normalización Lingüística, organizados anualmente polo Consello da Cultura Galega. Durante dous días, expertos de ámbitos tan diversos como o ensino, a sanidade, a creación ou a administración reflexionarán sobre a situación dos dereitos lingüísticos nos seus campos de traballo. Nos Encontros poderase visitar Artesa 2017, unha mostra de iniciativas normalizadoras.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Ensino, Bilbao...