O Museo de Mar retoma a súa actividade cunha mostra de Nelson Villalobos

Blanquísima su presencia amosa 62 obras do artista cubano

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Jardín de Mamá 4, Nelson Villalobos. Fotografía do Museo do Mar.

Jardín de Mamá 4, Nelson Villalobos. Fotografía do Museo do Mar.

Un total de 62 pezas do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos compoñen a exposición Blanquísima su presencia, coa que o Museo do Mar de Galicia retoma a súa actividade en Vigo. O centro abría este 28 de maio a nova mostra, que se poderá ver ata o vindeiro 29 de xuño, e que achega por unha banda "14 pezas recentes en gran formato, a meirande parte delas dedicadas á nai do autor" e pola outra "48 obras de menor tamaño que constitúen unha retrospectiva da súa traxectoria", segundo adianta a Consellería de Cultura.

Entre os traballos do autor cubano que se presentan está unha peza creada durante o confinamento. "A historia deste cadro remóntase meses atrás, cando o artista estaba preparando unha exposición no Museo do Mar de Galicia centrada na relación entre Galicia e Cuba, un proxecto que se viu interrompido debido á crise sanitaria", adianta a Consellería na presentación da mostra. "Precisamente, este novo cadro interpreta a relación entre Galicia, Cuba, Vigo e A Habana e representa algúns símbolos destes territorios como o Apóstolo Santiago, as Illas Cíes, o Malecón ou a Catedral da Habana".

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Museo do Mar de Galicia, Vigo, Consellería de Cultura...